O TESOUREIRO DA ABE E DELEGADO DE HOSTALERÍA E TURISMO PARTICIPA NAS MESAS DE TRABALLO DE BARBANZA AROUSA
- A actividade foi organizada pola mancomunidade Barbanza Arousa
- Os encontros servirán para elaborar as propostas que a mancomunidade elevará para acceder aos plans de sostilidade turística convocados polo Ministerio de Industria.
Boiro 6 de abril de 2022
A ABE a través do seu Tesoureiro e Delegado da comisión de Hostalería e Turismo, Jesús Santamaría, ven de participar nas mesas de traballo organizadas polo mancomunidade Barbanza Arousa nas que se invitou a participar a empresas do sector turístico do territorio.
Os encontros forman parte da fase consultiva co fin de elaborar as propostas que a mancomunidade elevará para acceder aos plans de sostilidade turística convocados polo Ministerio de Industria.
Santamaría trasladou o punto de vista da ABE sobre as posibles melloras a implantar na estratexia turística “que ademais de encamiñarse cara a atracción de novos visitantes tamén debe dirixirse a desestacionalizar as visitas que principalmente se centran no verán e a tentar de aumentar o número de prazas hoteleiras” Jesús, como coñecedor do sector, insistiu na necesidade de “que as administracións públicas, asociacións e empresarios traballemos en común para que a estratexia turística da comarca sexa consensuada”